En construcción:
Relatores::
José Carlos Pérez Gómez. Centro de Supercomputación de Galicia ." Internet,
¿Futuro?" Análise da evolución que sufriu Internet no último ano.
Aparición de novas aplicacións. Internet2. Novos servicios de información, e as novas
tendencias.
Miguel Zapata Ros. ICE da Universidade de Murcia. "O Web
escolar como recurso educativo. Redes telemáticas e a educación cooperativa. A tutoría
telemática. Proxecto Gutemberg. Escritores murcianos."
O Web escolar como recurso educativo
Os recursos tecnolóxicos como medios educativos ¿Qué aporta Internet á construcción
do coñecemento?. A elaboración de un Web escolar como recurso educativo. Recursos en
Internet: Textos dixitais (en distintos idiomas) literarios, filosóficos,
científicos,... de calquera época, reproduccións dixitais de obras de arte, recursos de
Matemáticas, Astronomía, diccionarios, gramáticas, mapas, software,...
Redes telemáticas: Educación a distancia e educación
cooperativa
Os recursos e servicios Internet. ¿Qué aporta Internet á educación a distancia?
Algunhas características do traballo en redes (recursos compartidos,
distributividade,...). Actividades de tipo colaborativo, a tempo real, entre grupos de
alumnos en lugares distantes.
A tutoría telemática é o uso das redes e
servicios telemáticos máis eficaz, e rico en interaccións, dos posibles que se poidan
levar a cabo en materia educativa. Con ela, o profesor pode enviar propostas de
exercicios, orientacións para realizalos, propoñer unha tarefa, pode recibir e
avalia-los resultados, e suxerir propostas de mellora, recuperación ou exercitación
adicional. Nesta sesión veremos unha proposta de organización de tutoría telemática.
Textos dixitais. Proxectos Gütemberg, Perseo,... e
escritores murcianos - Contido: ¿Qué son os textos dixitais?. Unha colección
de e-textos como recursos educativos. Distintas iniciativas: Proxectos Gütemberg, Perseo
e outros. Unha aportación de textos desde Murcia (os únicos textos que faltaban na rede)
como recurso e actividade educativa.
Joan Baptista Canet. Xefe da Área de Documentación do PIE que
xestiona, entre outros aspectos, a edición do CD-ROM Sinera e o Web do PIE. Coautor de
Wingeo e profesor de Ciencias Sociais de Secundaria. "Wingeo"
(programa de Xeografía por ordenador). "O Proxecto XTEC".
(PIE, Programa de Informática Educativa de Cataluña).
Wingeo:
Este programa é un contorno de traballo formado por un conxunto de ferramentas (gráficos
de barras e sectoriais, pirámides de edade, mapas temáticos e climogramas) e datos
xeográficos que facilitan, cunha orientación didáctica a análise xeográfica.
Deseñouse pensando nos alumnos de xeografía do ensino secundario obrigatorio e o
bacharelato para a realización de actividades de ensinanza e aprendizaxe nas materias de
xeografía e estatística, materia para a cual ten unha ferramenta específica.
O programa debe utilizarse como unha ferramenta complementaria para as clases de
xeografía e permite introduci-la tecnoloxía da información na área de sociais.
O programa ten diversas configuracións de datos que permite traballar ámbitos como a
Unión Europea, as comunidades autónomas españolas, os países iberoamericanos ou unha
selección de países do mundo
O Proxecto XTEC (Rede Telemática Educativa de Cataluña).
O Departament d'Ensenyament está realizando desde fai dez anos unha acción de
desenvolvemento, promoción e divulgación dos instrumentos telemáticos no ámbito da
educación e la formación. Esta acción materialízase no concepto, a infraestructura e
os servicios da Xarxa Telemàtica Educativa de Catalunya (Rede Telemática Educativa de
Catalunya), coñecida como XTEC.
O Programa d'Informàtica Educativa actúa de provedor de servicios Internet para os
centros docentes de ensinanza primaria e secundaria, dispondo e xestionando o dominio
propio xtec.es.
Miguel Ángel Pradera Trobajo. Programa de Nuevas Tecnologías del MEC..Programa de bibliotecas escolares. El español es fácil.
Facendo chat con Paco Martín. Os alumnos do CEIP "Luís Pimentel" de Lugo e outros centros de Galicia no transcurso da conferencia terán a oportunidade de comunicar con Paco conversando sobre a súa literatura e o oficio de escritor. Entre outros temas sobre "Das cousas de Ramón Lamote". E todo isto utilizando o chat por Internet.
Luís Gago González. Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Lugo. Ferramentas informáticas e ensinanza da estatística.
Antonio Sampayo Flores. INE. O estudio e aproveitamento na aula dos CD-ROM "CERCA" , "CERCA+100", e EUROSTAT.
O documento na internet do século XXI. Jesús Rodríguez Castro. Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias "Ramón Piñeiro"
Angel Rodríguez Sánchez. Asesor de Medios audiovisuais do Cefocop de Lugo. "VideoConferencia en Internet".
Florentino Iriarte Basadre. Instituto Politécnico de Lugo. Elaboración de páxinas Web. Algúns consellos.
Manuel Díaz Regueiro. Director do Cefocop de Lugo. "Os verbos galegos en Internet".
Táboa redonda sobre "Proxecto Gutemberg galego". Participan:
Daniel Romero, Mariló Fernández Mira, Monxardín, (Arquivo de Son do Consello da Cultura Galega) e Camilo Regueiro, membro do grupo tradicional Durindaina e promotor das Ciberirmandades da Fala.
José Antonio Graña García. Asesor de Informática no Cefocop de Vigo. Programa de xestión de bibliotecas de centros escolares.
Pilar Rivas Pereiro. Especialista en Xeografía Aplicada. "Aplicación das técnicas de teledetección ó estudio das mareas negras."
Mariló Fernández Mira. IES de Gondomar. Enre@dandote con nós. Premio de Innovación Educativa.
Carlos Oliver Martínez-Fornés
IES Olorda. Sant Feliu de Llobregat
Introducción ás aplicacións da informática á didáctica da Bioloxía.
Educación para a saúde. Programa DIETA. (ESO e bacharelato LOXSE)
Programas inquisitivos. Bases de datos (tódolos niveis de secundaria)
Simulacións de procesos moleculares (bacharelato LOXSE)
Programas abertos. Un xogo de metabolismo (bacharelato LOXSE)
Introducción ás aplicacións da informática á didáctica da Xeoloxía.
Programas inquisitivos. Bases de datos. (tódolos niveis de secundaria)
Programa Mapa de iniciación ós cortes xeolóxicos. (bacharelato LOXSE)
Programa Roca de interpretación de texturas de rochas. (bacharelato LOXSE)
ONCE. Mª Luz Pecina Martínez. Panorama das novas Tecnoloxías e programas aplicados para cegos e deficientes visuais no momento actual.
Amando Calzada Arija. Avaliación en Educación Física. O Programa Evafis.
UNISYS. José Ramón Travé. O Comercio electrónico en Internet.
Telefónica. José Luís Argüeso Fernández.
J. Sanjurjo Álvarez. Sanal: Unha empresa automatizada.
Adossis S.A.
KGRUPOS V 5.0. GENERADOR DE GRUPOS DE ALUMNOS PARA WINDOWS.
Programa destinado a facilitar la construcción de los grupos, considerando las
opciones de matriculación en asignaturas optativas de los alumnos, su edad y si son o no
repetidores.
Lo que hace el generador de grupos es indicar a que grupo debe incorporarse cada alumno.
Para realizar este trabajo se tienen en cuenta múltiples variables y condicionastes,
tales como cantidad de grupos a formar, número de profesores disponibles para esas
asignaturas, número de alumnos máximo y óptimo para cada grupo y grupos donde se
quieren impartir las optativas.
Aplicación de fácil manejo sobre el entorno Windows 3.X y Windows 95.
KRONOWIN V 9.0. GENERADOR DE HORARIOS PARA WINDOWS
Herramienta indispensable para la generación de horarios en centros de enseñanza con
niveles de ESO , BACHILLERATO Y CICLOS FORMATIVOS. El resultado que obtenemos con este
programa son los horarios de profesores teniendo en cuenta sus preferencias , los horarios
de grupos considerando la disponibilidad de aulas , la alternancia a la hora de
impartir las asignaturas y la contigüidad (horarios sin huecos). Aplicación que trabaja
en un entorno de ventanas y con ratón sobre Windows 3.X y Windows 95.
Jose Luis López López do IB de Porriño (Pontevedra) e Flavio J. Piñeiro
Sarille do IESP de Vilalonga (Sanxenxo - Pontevedra)
EXPERIMENTANDO CON MULTIMEDIA NA ELABORACIÓN DE MATERIAL DIDÁCTICO. XEOMETRÍA
NA ARTE.
A ponencia ten como finalidade amosar o contido e manexo dunha aplicación multimedia en
CD-ROM cos contidos da asignatura do Bacharelato Artístico Xeometría na Arte e relatar
todas as experiencias que rodearon a creación deste proxecto: recompilación de
bibliografía, dixitalización, formación técnica, dificultades, etc., así como os
obxetivos que acadamos e unha valoración persoal deste proxecto.
![]()